
Entra. Xoga.
E actúa contra os negacionismos.
Escolle deseguido o círculo do tema que desexes. Acumula puntos cada vez que fagas clic nunha imaxe, un vídeo ou pases unha proba.
Se completas os tres percorridos, máis puntos acumularás
Comezamos?
Pero…
Leva 10 puntos por cada anaco de torta
¿Que é?
Información falsa ou enganosa que busca manipular e crear unha determinada opinión sobre un tema concreto.
Por que interesa?
Úsana para obter beneficio económico (empresarial) ou político. Ex.: as plataformas dixitais como Google, TikTok, Youtube, Instagram ou Facebook fan negocio contigo cada vez que compartes desinformación.
Como o fan?
Crean boatos que chaman a túa atención, que te anoxan ou te asustan. Así teñen máis posibilidades de que os compartas e deveñan virais. Con Internet e as redes sociais, as Fake News son moito máis abundantes e perigosas ca antes.
Que é?
Discursos que fomentan o odio e o acoso a unha persoa ou grupo polas súas características ou condicións persoais (orixe étnica, xénero, cor, relixión ou crenzas, orientación sexual…).
Para que o fan?
Buscan crear unha imaxe simplificada, estereotipada e distorcida de certas persoas para que as vexamos como inimigas. Se as odiamos, será máis doado deshumanizar, discriminar e explotar estas persoas. Os estereotipos, unha vez creados, son moi difíciles de desmontar.
Como o fan?
A través de boatos e falsas informacións que activan emocións como o medo ou a carraxe.
Que é?
É o rexeitamento a aceptar unha realidade empiricamente verificable. Acotío é de grupo: unha parte da sociedade prefire quedar cunha idea negacionista no canto de facer un cambio de mentalidade e aceptar determinada realidade.
Como o fan?
Fannos crer que son datos obxectivos ou con base científica cando en realidade son opinións totalmente subxectivas.
Por que é perigoso?
Lexitima a violencia, igual ca os discursos de odio. Están no límite da liberdade de expresión.

E sabes que ferramentas usan os malvados para difundir esta información? Descúbreo facendo clic nestes personaxes. (Leva 10 puntos por facelo)
De verdade? Isto existe? Pero, como é posible que haxa xente que deshumanice así outras persoas? Fai clic nestes personaxes e alucina! (Obtén 10 puntos por cada unha)
A única forma de estar en garda contra os discursos de odio e a desinformación é saber como funcionan. Fai clic no megáfono para ver como estas informacións falsas e prexudiciais conseguen chegar a tanta xente. (Obtén 10 puntos ao facelo)
Créase unha páxina web
Nela compártense boatos con grupos pechados
Estas persoas compárteno en liña: Whatsapp, Telegram…
De alí, faise viral en redes sociais: chíos, Instagram, TikTok…
Chega a xornalistas e medios de comunicación
Atréveste a responder estes tests sobre desinformación, negacionismos e discursos de odio? Acumula 10 puntos por cada un
É sinónimo de feminismo e machismo.
É o discurso de odio que fomenta a discriminación das mulleres.
É o prexuízo, odio ou medo ao islam ou ás persoas musulmás.

Violencias
Cambio climático
Covid-19
Racismo
Agora tes dúas opcións:
1- Ir ao final do percorrido para aprender a detectar negacionismos e non tragar.
2- Seguir coñecendo como afecta a desinformación noutros aspectos da vida.
En calquera caso, boa viaxe!
Si que hai unha forma de que non me vendan a moto. No seguinte vídeo déixano superclaro.
Estes son os 3 pasos para combater os negacionismos.
Aprende a recoñecer os boatos e as Fake news que sosteñen os negacionismos e os discursos de odio
Non che quedou claro? Tranqui, neste vídeo póñencho doado ;)
Para a pensar e non compartas antes de verificar. A partir do que viches no punto anterior, sinala cales cres que son os pasos para desmontar unha información falsa?
Aprende a non tragar historias.
Descubre en cada imaxe como tentaron que tragase e que fixen para evitalo
Estas son tres formas de pasar á acción.
- Ei, e como podo facer ciberactivismo?
- Pois... mira na seguinte pantalla que doado é!
Mira como fai Héctor para identificar e previr os boatos
Chegou o momento de poñerte a proba.
Identifica os boatos e as novas verdadeiras.
Se chegaches até aquí, é porque isto che interesa.
Deixámoste ligazóns a recursos para que te especialices en identificar e desmontar negacionismos.
E se che prestou esta expo interactiva, compártea!
Recursos:
Recursos para educadoras, educadores e profesorado:
Equipo creativo e contidos:
María Cobos y Tania Merlo (módulos COVID 19, cambio climático e violencias machistas).
Carolina Naranjo e Idoia Landaluce (módulo racismo).
Moebius creativa: Juan Pablo Palladino Tyrrell (audiovisuais e coordinación de desenvolvemento), Isabel Gómez García (contidos e coordinación), Federico Caraduje (cámara), Itziar Alvarado (ilustración), Iván Burgos (desenvolvedor).
Actrices e actores:
Joshu, Elisa, Claudia Lucena Font, Sarah Sanmartín Adam, Unair Liarte Pardo, Mohamed Azyame Badi
Agradecemento:
Alejandra Garrido Buzeta (escola de teatro Alginet), Antonio Valls (escola de teatro Totart Valencia)
Fotografías da web
Pexels.com Andrea Piacquadio, Anna Belousova, Bia Sousa, Edmond Dantès, J Cruz, Johan Toro, Julia M Cameron, Julia Volk, Kampus Production, Keira Burton, liza Summer, Mart Production, Monstera, Polina Zimmerman, Rodolfo Magalhães, Shvets Production, Sora Shimazaki, Tima Miroshnichenko, Tima Miroshnichenko, Andrea Piacquadio, Ayodeji Fatunla, Cottonbro, Ivan Samkov, koolshooters, magnus mueller, Mafik Olamide, Pavel Danilyuk, Shvets Production, Thirdman, Shvets Production, Allan Franca Carmo.
Elementos ilustrados usados en vídeos e infografía:
Esta exposición virtual foi realizada co apoio financeiro da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID) con cargo ao proxecto 2020/PRYC/01142: “Por unha cidadanía global, crítica e activa, que transforme o actual modelo de desenvolvemento causante da crise sistémica e a covid-19”. O seu contido é responsabilidade exclusiva de InteRed e non reflicte necesariamente a opinión da AECID.
Esta exposición virtual foi realizada co apoio financeiro da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID) con cargo ao proxecto 2022/PRYC/000858: “Promoveu a cidadanía global na mocidade contra o discurso de odio e a negación da violencia de xénero e os dereitos dos migrantes”. O seu contido é responsabilidade exclusiva de InteRed e non reflicte necesariamente a opinión da AECID.




